>VIVIR CON AMOR, SI


>Penso no que son,

No que sinto

E no que amo.

Canto me custa rexeitar.

Mágoa daquel que odia

Somentes perde o tempo,

Facendo da existecia

Espacios inútiles.

Vivo para vivir enteiro

Na integridade do que eu son.

Sendo o que eu son

Sen o sentimento zafio

E miserento que fire as almas dos homildes.

Vida, suma, preciada vida,

Amor íntegro dos amores

Cor con ferida de morte.

Vivo para respirar o ar ceibo e limpo.

Vivo para vivir a vida enteira.

A vida é un fermoso agasallo irrepetible,

Que, intensamente, debemos disfrutar.

Non vale a mentira que esgota,

Non vale a traiduría que mata a conciencia limpa.

Vale a valentía de seres ti,

De ser tí o que tí eres,

Non unha simple marioneta circense.

Vive, deixa vivir

Non afogues os suspiros de amor fondo.

MIGUEL DUBOIS

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s