>LEMBRANZAS DO MUNDO DE EAST ANGLIA


>

Benqueridos compañeiros e compañeiras: supoño que na vida debemos de levar o acontecer cotiá do mellor xeito posible. Gustaríame compartir con todos vós, por escrito, as bonitas experiencias que poidemos pasar en NORWICH. Sei, perfectamente, que houbo xente que pasou momentos duros, ao mellor porque a máquina corpórea non estaba a punto, ou ao mellor, pensabas, sempre, no mesmo asunto, e non saías del. Boeno é coma estar no ponto de saída, querer avanzar e ser “incapaz”. Todos sabemos o sin sabor destas situacións desagradables, pero, claro, as veces, arrincar custa e por a máquina en movemento aínda máis. Diría Alfonso Daniel Rodríguez Castalao, “Cousas da Vida”. A vida si a vida: un do dereito e outo do revés. Boeno, sigamos: agora que son “bloggero” que non é o mesmo que “rockero” podo compartir con todos vós as miñas experiencias, as cousas máis pequerichiñas da miña vida que son as máis fermosas.
A chegada, se vós lembrades a HEATHROW, foi, máis ou menos”. Controles, pasillos longos e longos pasillos, túneles alongados, coma grandes de tuberías, en vez de auga, seres humanos por tuberías, seres humanos bós e menos bós. Xente de todo o Mundo enteiro, razas diferentes, cores de pel distintas, morenos, loiros, sen pelo e coa testa afeitada. A gran diversidade da raza humana. Hall do aeroporto. Un rapaz loiro de semblante pálido, prototipo británico, cun letreiro na man que pon NILE. Esto xa estaba dentro do guión perfecto británico: coma non ía estar este mozo coa súa sinal de identidade? O típico: tomar “algunha cousiña” no bareto do Airport, con prezo tipo a súa Maxestade Británica a Raíña do United Kingdom. Ao mellor, Davisiño, un auguiña mineral, unha “sparkling water” trescentas das antigas pesetas. Din que aquela Illa Grande hai moitos ricos e xente moi necesitada, tamén. Deberá de ser porque cando iamos pola excursión dos fermosos “broads”, fiquei asustado daquelas casas, daquelas embarcacións deportivas fantásticas, que de seguro erguían a envexa da Pitufiña. A por certo, Pitu: fixeches unhas fotos fermosas de Pepe e máis do que escrebe; son unhas fotos “moito graciosas” e cargadas de vida. E non vós lembrades que o Pepiño e máis eu fomos a procesióm do “Orgullo Gay” de Londres? Pepiño: un desastre tío, para que despóis falen mal de nós. Para aqueles que en dúbida poñan, o dito anteriormente, temos fotos que o xustifican, comprobante en coor. O Pepiño e máis eu , alomenos eu, non daba crédito ao que estabamos a mirar; unha” wall” recta fornida de fantásticos Bobbys. Nunha banda un priest, condeando aos infermnos aos membros da procesión gay e estes proferindo ilusionados insultos en contra do priest.
Os incidentes maleteiros foron de suma importancia: como meter tanta maleta en tan pequeno espazo de maletiro? A Elvira cáseque lle cae unha maleta na testa. Que lío, tío! O inglés rubito, cuxo nome non me lembro, non cabía dentro de se mesmo namentras o conductor do pequeno Dophin traballaba dabondo, facento unha loita titánica coas pesadas maletas. Imos saindo dos problemas do espazo e comezamos a avanzar polos arredores de Heathrow, camiño de Norwich. Comentarios hai dabondo: eu xa non podo máis! Estou..boeno..estoo…estou… Mórremo do susto cansado! Seis horas? Pero tía: ti non sabes o que dis! Estás tola!. Seis horas é moita longura temporal! Pasado este momento convulso de desafogo interior, miro para miña dereita e me presento. Ela chámase Paula. Comeza a conversa. O típico: confesión reflexiva pero precavida, miradas de ida e de volta, coma se foras no bus rumbo a Madrid, pero aquí non pais diferente. Pois resulta que Paula resulta ser a profesora do fillo da miña directora e nós metidiños no Dophin camiño de Norwich. Demos longo repaso e crítica ao proceso educativo. É de xustiza! A autoestrada está ateigada de coches de bóa calidade, típicos do UK. Era o comezo das vacacións e as circustanzas normales para estas datas do ano. Parada de camiño a Norwich. Pequeno descansiño e unha compriña máis. Hai que encher ae arcas da Raíña. De nono con Dophin nos atopamos e connosco tamén. Agora imos por escuras estradas e se divisan sombras escuras que non son máis que as arbres debuxadas da note camiño de Norwich. E non vós esquencer que non iamos pola dereita , mais ben pola esquerda. E daba a impresíon que os coches que viñan pola fronte ían chocar connosco. Eu, en poucos segundos púxenme a cen de nervios totales; creía que crash! Chegamos e cáseque é de día. Máis ou menos serían as catro horas e quince minutos da maná. Identificación, papeles, lugares, guarda xurados, boeno chegamos a cama.
Almorzo, hoxe toca no Zest, non sempre. Os de Madrid como sempre a nosa rente. O persoal do Zest era bastantante educado, e non tiña síndrome “policial”. Outras días tocaba naquel edificio feito polo marido de Elena Ochoa, aquela moza que se presentaba aquel programa de Educación Sexual no televexo, que tiña moitos adeptos televidentes, que, por certo é de Ourense. A verdade que aquel comedor cristalino era fermosa, e coa estátua daquela muller sentada. Home somentes hai un Norman Foster, coñecido.
Allan danos a benvida. Caramba, hai xente de moitos lugares diferentes, de Cataluña, de Madrid, ,Francia, Eu, de cando en vez, botaba unha parafadiña có meu amigo francés. Naquel edificio de Norman Forest, quero decir feito polo seus planos, se vós lembrades había unha policía interna que vixiaba, atentamente, se nonos pasábamos do ponto exacto sinalado. Lémbrome, tamén, da biblioteca onde pasamos momentos bonitos e moi sencillos. Cristina cando chegabamos o Pepiño e máis eu, dávanos, agarimosamente, a benvida. Cristitiña, Cristiniña, animou con todos os seus pulmons enteiros a España na final. Estaba eu alí e mireina. Esta visto que as mulleres de hoxendía non somo como das daquela, aínda que din que as comparanzas son odiosas.
Para min en términos xenéricos a experiencia foi moi bóa e son cousas que xa che quedan para sempre. É difícil, alomenos, para min, esquencer as clases de Sandie, Susie e de Chris. Aínda hoxe en día lémbrome dos profesores de Limerick, Irlanda, con cariño moi grande. Ser cariñoso coido que é importante. Quizaves sexa, digo eu unha das facetas máis importantes das nosas vidas. De que val o odio, a envexa..? Penso que na vida estase mellor querendo ou dando un “algo” de folgos aos demáis
Norwich, gustóume moito. Sobor de todo porque non había edificios, demasiado altos, excepto “un” no centro da vila, que debería ser a típica “machada” do de turno. Pero a cidade, para min é moi bonita, edificacións fermosas, casas deliciosas, e a vista dende o castelo moi bonita, observando un Norwich chá. Gustómome moito dentro do castelo a pinacoteca. Había uns cadros moi moi bonitas, que, para min, tiñan, coma un vínculo coa pintura falmenca. E lebrádevos daqueles osos brancos e grandes, aqueles animales disecados. Ahí os cativos terían momentos de sorpresa. Os cativiños, as veces, estaban na porta de Castelo para ir facer a visitiña. Sempre cós seus uniforme e nós de vacacións e eles aínda con clases.Chamoume moito a atención the Town Hall; edificio, típico, nórdico de liñas moi sobrías. O mercado un lugar típico de compra. Gustáronme moite os Pedestrian Lanes. Tendas perfestas , pequenas aínda que as grandes marcas coma sempre, estratexicamente colocadas. Mais o centro da vila tiña algo moi particular e concreto, que non é fácil de describir. Tráfico, penso que non moito e o deseño das pequenas cidades das Britishs Isles. Lémbrabame dalgún xeito a Limerick, ónde naceu Franck MacCourt o creador das Cinzas de Ánxela, novela estupenda que acontece en Liemerick., e que proximamnente, poreses leer neste blogg. Hai tamén un película sobre as Cinzas de Ánxela, que protagoniza Pierce Brossman, que a podes baixar da rede, se queredes, claro e lingua inglesa, para educar o noso oído na lingua shakeasperiana. En Limerick nacéu tamén un gran escritora que xa finou que se chamaba Katie O’Brien. Falo dela no me u Blogg. Foi unha muller moi peculiar pero moi interesante. A literatura é moi importante: Oscard Wilde, Brendan Brehan, Patrick Kavanagh (Premio Nónel), Seamus Heany (Premio Nóbel 1995), W. B. Yeats (Poeta, Premio Nónel 1923), Lady Gregogy Augusta, James Joyce.(Premio Nóbel), Samuel Becket..(Premio Nóbel) Neste blogg teño un libro enteiro de Yeats en poesía, claro. Tendes información de escritores irlandeses e, tamén, links de interese, para que lle gusten estes rollos. A vedrdade que todo o mundol literario me apasiona. Cada libro é un mundo diferente, unha historia distinta a contar. Grazas a Universidade de Limerick, abríronseme varias portas ao mundo ca cultura anglosaxona, e me impresionou a historia do pobo irlandés. Irlanda é unha auténtica maravilla do Planeta Terra. É unha Illa do máis fermoso e eso que non cheguei a coñecer todo o país e otempo de estancia en Eire, tampouco, era demasiado. A fermosura da paisaxe na Costa Oeste é, totalmente, innegable. Como non falar das Illas de Arán, aquel paradiso que emerxe máis aló da Coste Oeste, perdido polas ondas do Atlántico máis aló de Galway. Lugar de dureza fonda, como moi ben reflexa a fita de Flaherty, chamado O Home de Arán. A película que xa é dos anos 2o é un auténtica “maravilla”, e se vós interesa o tema non tendes máis que baixala da rede. Fixarédevos da crudeza da forma de vivir dos habitante dunha das Illas, que vive da pesca e do traballo do campo e dos animáis domésticos. Existe un grande paralelismo coa maneira de vivir, naqueles tempos, có noso pobo. Pobo de sufrimento intenso, pobo emigrande igoal cá nos. Eles emigraban aos paises de fala anglosaxona e nós a sudamérica pricipalente. De diferestes portos de Irlanda, como Cork, Killalloe, Galway, Dublín, sairon moitas naves rumbo a Boston ou a Nova Iork…Pido disculpas, porque ímonos afastantano do comezo do relato: uns mestres que están nun curso na Universidade de East Anglia, na localidade de Norwich; a verdade que está feito “algo ” a drede, porque uns dos motivos do meu documento é amosar o coñecemento “mínimo” do mundo anglo-saxón, que eu coñeco. Exiten libros dabondo que falan dos tristes anos da chamada FAMINE, tempos de fame en Irlanda, que se os datos non me fallan comeza no ano de 1830. Foi tremendo. A causa foi un “fungo” da patata e así a poboación irlandesa ia morrendo como causa do poder “mortífero”! do fungo e como consecuencia a “fame” que neste país pásase. Parte dos irlandeses deciden deixar a súa terra e marchan ou para o Reino Unido, USA, Australia, Nova Zelanda ou Canadá. Grazas Brigid Ryan; grazas a tí conto todo esto. Sabedes que en Irlanda hai unha excelente cantante e compositora chamada SIDNEAD O’CONNOR, cantante extraordinaria pero cunha personalidade controvertida, que pasa por fortes períodos depresivos. SIDNEAD, cando Xan Pablo II, estivera en Irlanda tivera un incidente có Papa. SIDNEAD, tivo o cabelo, totalmente rasurado, o que, como non chamaba moito a atención. Lémbrome de ti, Chus, que sempre me falabas de SIDNEAD que era unha das voces e mulleres que tí teñas idolatrada. Ao que iamos: o irmán de SIDNEAD, chámase JOSEPH, e dase o caso, que é escritor e escribiu A ESTRELA do MAR…THE STAR OF THE SEA, que era un barco que saía de Dublín rumbo de Nove Iork cargado de emigrantes irlandeses. O relato ocorre no barco e é moi duro. As necesidades do pobo emigrante a bordo do barco chamado A ESTRELA do MAR.Voltamos as similitudes con GALICIA..O escritor LORENZO VARELA, naceu nun barco de emigrantes galegos rumbo a LA HABANA..(TO BE CONTINUED….)
O profesor Chris doume unha listiña dos mellores poetas de UK, pero de momento non investiguei nada about the matter.
E antre clases, comidas, ceas, vivas a España, Cromer, Great Yarmouth xa estamos camiño de Barajas, que este ano, foi moi triste, para todos aqueles que deixaron as súas vidas a beira da pista de aterraxe ou despegue. Horrible!
E con esto xa comezamos o curso, aumentamos os día do calendario. A vida segue, afortunadamente, máis a lembranza daquelas terras e das súas xentes e de todos vós está conmigo.
Un biquiño:

Miguel Dubois

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s