>TOCAR A VIDA


>Que bonita é cando sinto vivila vida íntegra.

Dame a impresión que sinto o ar respirable,

Que toco a sensibilade do sentir a vida.

Parés, que toco a vida enteira,,

E me acollo aos brazos dela en forma decisiva.

Amo os sentimentos vividos fondamente.

Nada eu quixera rexeitar,

Nada eu quixera eu xulgar,

Nada eu quixera condear.

Quen me dá permiso, para habitar

Nas palabras alleas?

Que me dá permiso

para escachar a delicia de vivir?

Por esa razón fundamental,

Amo, fondamente, a vida enteira,

E non rexeito os momentos duros

Nos que o verbo sofrir

Non é un absurdo engadido

Se non é un capítulo duro da existencia vital.

Vivo sentindo que toco a vida

Coa torpeza dos meus dedos torpes e enganados.

Non perdo a esperanza futura,

Froito de admitir a dureza vital.

Amo o canto dos paxaros ceibos,

Que cantan fermosas cancións

Nas ponlas das roseiras amarelas

No xardín da ledicia constante.

Que bonito é vivir ledo

E que obriga é aceptar o sofrimento existente.

Miguel Dubois

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s