>PRAIA DE RONS


>

PRAIA DE RONS.

Cantos anos, mellor veráns enteiros vividos,

Neste fermoso lugar de Rons,

Nome aristocrático, Península de Cantodorxo.

Euforia iifantil, choro de un neno loiro

Ou de cabelo negro coma o carbón daquelas caldeiras

Xa inexistentes,

Caldeiras da lembranza

E o fume da gran chaminea ríxida e longa ,

Inexistente chaminea ergueita.

As mullleres vestidas en verdes mandiles

Escritos seus nomes en letras bermellas

Ían a fábrica conserveira,

Limpaban o peixe coidadosamente,

Sen axuda de máquinas automáticas,

Ían enlatando o peixe nos envases prateados

E o aceite andaluz das olivas de Xaén

Mollaban o alimento froito do mar de Arousa,

Ou de mares alleos a esta fermosa Ría da Beleza,

Na que durma tranquila e leda

A Illa da Arousa.

Tempos da miña nenez querida, Julio, Fofi,

Mari-Glori, Clemente, Quitita, Arturo, José,

Perico, Lisi, Cecilia, Pepa, Antonio, Gloria, Adriana,

Agustín, Paquita, Clemente Pai, Carlos, Nocha, Ricardo, Virginia, Pastora…

Cantos nomes, nomes da lembranza

Nomes que fican fixados, permanentemente

No campo da memoria.

Si pasou pero fica

Coma a lembranza que nunca morre.

Adolescencia bendita,

Despertar dos sentidos máis ocultos

Miradas cómplices,

E, como non nacen os primeiros amores

E sen darnos de contan temos húmidos

Os pantalóns mollados.

A sorpresa da inexperiencia,

A vergoña de non saber que non eres

Nen un home afeito

E nen neno aínda.

Corremos antre a s chalanas multiculores,

Agachámonos detrás dos duros cons de pedra,

Avanzamos enteiro no tempo, dentro do tempo,

E a forma da faciana vainos cambeando

Aumentanto cuantitativamente o número de anos vividos.

Barcos descansados nunha parai bela, prais de Rons sempre,

Na lembranza que non morre e perdura,

Que bonita está a tarde que morre na fotografía de cor.

Rons é o meu lugar da referenza emerxente

Da felicidade habida.

Miguel Dubois.

Posted by Picasa
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s