>TI


>Non teñas medo

Afronta valentemente o teu,

Sempre o teu.

Que ninguén faga de ti

Un farrapo bello,

Coma se foras alguén inútil.

Non dubides dabondo.

Toma a decisión constructiva.

Dermanda o respecto merecente

Sé, sempre, ti mesmo.

Non invadas o campo alleo,

Pero esixe o mínimo para a convivecia saludable.

Rexeita o tratamento imperativo

Antre seres semellantes.

Esixe nada máis o que debes esixir.

Non ten vendas por dous patacos suxos ou limpos.

Ergue a testa, camiña sen medo,

Sendo o que ti eres: ti.

Son o que son, e non

O que outros queran que eu sexa.

Non soporto a mentira cotiá

Non soporto as conductas covardes

Non soporto os sorrisos falsos

Que nada me din,

Nada máis cunha expresión absurda

Da linguaxe da faciana sorrinte

Que pola banda datrás apuñala a verdade oculta

Do momento do sorriso,

E aquel rostro grato se metamorfosea

En palabras ferintes

Que invaden o campo alleo.

Que miseria delirante

De palabras torpes e hocas

É o vación constante

De non atoparse asemesmo.

É o laio que non cesa

E agora che deixo

Porque xa non me interesas.

Mágoa, mundo interesado

De demasiados intereses.

U-lo o amor debido

ou u-lo sentimento solidario?

Pero as verdades doen constantemente

Namentras as constantes mentiras

Tápanse cós trapos suxos

De todo aquelo que non lle pertence a un.

E así vamos desfacendo

En vez de contruir un mundo mellor

E máis xusto.




Miguel Dubois

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s