>DELICIA CONTRA AMARGURA


>Pontevedra, ao 2 de setembro de 2008

Imos para avante, con dabondo carga pesada.

Facemos a vida enteira no camiño cotián.

Días doces coma a marmelada doce,

Fanal do Rei e da Raíña.

Días amargos coma o zume do limón amarelo.

O pensamento viste de elegante color camuflado,

de camuflado vai o pensamente habitado,

e non di o que pensa, mágoa,

é entón cando as palabras pronunciadas

levan vestido de pantasma mintirán.

Habitan as mentiras enteiras,

o falso froito de pensamento amargo,

amargo de non apertar a vida enteira

coa forza debida e habida.

Fora falsos choros e laios de falsa queixume adverso e inútil

peito aberto a vida enteira,

alta a testa e fito a mirada comprida longa, rebelde e disidente

na falsedade dunha mirada traizoeira.

Visto de verdade enteira o pensamento enteiro

canto cancións de ledicia absoluta,

descubro o senso da fervenza feliz,

habito, sinto e toco.

Paso a vida enteira

vestido de sorriso diminuto

pero verdade enteira.

Atraveso os cruces dos camiños

polos camiños que a vida me di

e vivo dabondo e toco lene.

Sinto coma se henche

a vida enteira de ledicia pura.

Miguel Dubois.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s