>SER O QUE QUERES SER


>

Pontevedra, ao 2 de setembro de 2008

Pasa, coma se nada pasara.

Pasa bulindo, ou cantando

a cantiga do home feliz.

Pasa sen medo, descuberto

aberto ao mundo enteiro,

pasa pasando pasados pausados,

e non medra no mundo da aprendizaxe.

Estou, como se nada estivera,

estou no mundo sen vivir no mundo,

porque estou achegado ao desoñecemento

do real e do palpable.

Estou no mundo enteiro

estou no recuncho das palabras perdidas,

estou nos intres perdidos,

estou na ledicia constante

e no derrame do desacougo perdido.

Estou aquí, detrás destas escritas palabras,

pero non me oculto nas palabras;

fico espido de palabras enteiras,

porque son o que quero ser.

Miguel Dubois.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s