>flores fondas neste ano de 2008


>Flores fondas, fermosura

desta polícroma flor perdida,

primavera intensa,

cumio colorido,

nazón da beleza constante,

aberto estóu a gama do colorido fondo.

Voces de lus creativa;

invédeme os extremos dos dedos longos

como alfinetes que apuntan dereitos,

a unha combinación fixa

de letras esparramadas,

que contrúen as palabras dos versos perdidos

e cosidos con fíos de fermosura fresca.

Flor intensa que habitas os límites

da vida constante,

que queima, sen piedade ,

e que suman anos de abondo.

Vida das vidas, na que habito,

habitante solitario de min mesmo,

ser solidario constante e rutinario.

A vida íntima é natural

e afáiseme unha rutina estúpida

que me afunde

na lembranza de que son un nome concreto,

que eleva en cifras a vida vivida,

e as veces esquenzo o presente

do verbo amar,

e, as veces, penso,

que un día vivía pendurado,

antre os teus beizos

e que de mañanciña

abríanme constante

a túa boca definida

e o abrir e pechar dos teus beizos

era unha linguaxe concreta

e sometidos a un suspiro constante

de ledicia fonda.

E, de sócato,

eras fonda noita escura

e convertíaste

no día fermoso e lindo

para esquecer os límites do verbo amar.

Eu era coma un ser metamorfoseado

eu era coma un ser esquencido,

cambia dabondo dentro dos límites cambiables

e facíame presente,

coma a necesidade intensa,

de esquencerme nun lugar ilimitado

dos teus sonos nos coemzos do mes de maio.

Flores fermosas, margaridas de cores,

e habitante constante da fermosura.

Dame azas para voar en liberdade,

dame bágoas para chorar os desamores,

que doen pero non choran,

e dame panos teus panos brancos,

para secarme as dores que crevan

e escachan a delicia.

E un día, se quixeras,

dame vida cando xa non a teña;

e así seréi aquel ser estrano

que nunca morreu laiando de medo,

e se algún día morrérei

fareino do mal de mil amores.

Miguel Dubois.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s