>VIDA


>



Pontevedra, ao 21 de setembro de 2007.


A vida vaise erguendo có paso da suma intacta dos

tempos vividos. Un día falaremos do vivido e
marcharemos paseniñamente
O día consistía en fondas emocións

Habitadas de ledicia intensa
De medo absurdo e preto.
Un tempo, foise convirtido
Nunha total suma de

horas parciáis.
Eiquí estou a estas
alturas desta vida,

Sen cumplir os soños que

poideron ser reáis.
A vida é coma unha novela
singular
Ou unha verdade plural
De múltples capítulos,
Que ainda non remataron.
Capítulos ledos,
Sorrisos de meniños
Asulagados de bicos tenros

e apertas transparentes.
Constantes. Amor de amores
A vida foron aqueles días

tristes e pretos.
Nos que a negrura da noita

fonda facía
Fondo asugalamento do meu

interior
Valeiro e tremendo.
De que me val a palabra

morta e valeira?
Cales serán as letras

carregadas
De espranza constante e

aberta ao mundo
Enteiro
E as verdades ocultas?
E a filosofía da miseria

constante?
Ou do deixade ser e deixade

facer
Anterga política gavacha ?
De que xeito soterrraremos
A mentira que fire e que

mata?
Cando falaremos coa verdade
Nos beizos?
Cando deixaremos de ser
O que nos non queremos ser
E ser perfectos actores

mintiráns?
Busca a verdade inmesa,
A que enche dabondo.
Rexeito , totalmente, e de

certo, a palabra
Miserenta.
Día a día vou construíndo
Un mundo diferente,
Facendo do absurdo
Un coxunto de verdades

enteiras
No meio das néboas

outonolas.
Cruzaréi o parques ateigados
De follas castañas
E as arbres espidas.
Son o anunzamento
Do cambio climático.
Mais as augas do Río
Lérez,
Seguen quedas e verdes.
A bela paisaxe é diferente,
Pero ben sendo a mesma,
Con menos engadidos.
O corazón segue o seu
constante latexo
Incansable.
E o testa fría pensa no que
son,
No intre exacto,
Nas verbas perdidas de xeito
absurdo.
A dia segue, e sego ateigado
no
Pensamento activo.
Algúns soños fun perdendo
Polos camiños da vida,
Mais xamáis, nunca,perderei
A constante espranza,
Aquela que me invita
A sobrevivir o campo
Da verdade no día a día.




Miguel Dubois.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s