POR TODOS NÓS, MELLOR.
Pontevedra, ao 2 de marzo de 2008
A todos vós amigos e amigas galegos e galegas
que perante un delicioso espazo de tempo, fomos
residentes e perfectos estudantes dunha
xeneración que loitamos polas liberdades. Por
aquela fermosa Palmira, habitante constante da
memoria. Polo súa faciana ateigada de ledicia. Polo seu sorriso
constante. Pola paz das súas palabras. Sempre Ela connosco no
nóso cor.
I
Topeime, de novo, contigo,
amada terra cambadesa
coma se nada,
como se todo.
II
Marchábame de fronte
a mirada intensa
na beleza ateigada de lus
na maravillosa e decisiva
Ría de Arousa.
Arousa da miña infancia distante
A cabalo de velas brancas
De dornas de tope negras
E a toda vela con Rumbo a Illa da Arousa,
Illa da Arousa, praia encantada
Escarabote e Boiro na fronte
eu eu contigo meu amor
perdiamosnos no fonda dos teus
amorosos beizos agachados.
Somentes por testigo o Faro
Os piñeiros verdes erguitos
cubrían a beleza verde da Illa Fermosa.
O imenso, Pombar, descansaba quedo,
tranquilo e sumiso
E nós, ti e máis eu, meu amor
Xogamos
Aqueremos máis na fermosura
Da praia de areas brancas e douradas.
Doce bico no serán perdido,
Vento do Norte fondo do verán claro.
Deixámola a Illa ,meu amor,