>PRISIÓN DE LIBERDADE


>UNIVERSITY OF EAST ANGLIA.

JULY 5th 2008.

Que doce pracer significa,

Acollerme ao ritmo lento e soave do silenzo.

Fico quedo e tranquilo.

Non son ren sen bágoas derramadas,

De amor enteiro e sumiso.

Silenzo enteiro do silenzo do tódolos silenzos,

Silenzo absoluto e dominante.

Fálame de coma rematar,

Do silenzo absoluto e tremendo.

Do ser amor partido.

Que fonda tristura me asulaga,

O predomiño da ingrata inxustiza!

Auténtico ser humano,

Ser humano home,

Ser humano muller,

U-los dereitos derretedos,

Coma a branca manteiga,

Nunha tixola espantosa de fondo mouro?

Pasa a vida enteita como un lóstrego perdido,

No absurdo da noite da vida querida.

Os amores vanse queimando pronto,

Aqueles amores de manteiga amarela,

Boca ácida da inmensa amargura,

Xira enteiro o Mundo,

En torno do seu propio egoísmo,

Egoísmo de persoeiros absurdos,

Que van armados de tremendas armas de morte perenne.

O lobo negro da noite moura,

Oubea lento ao ritmo do frío fondo,

E os habitantes dos lares esquecidos,

Demanda inmediata xustiza deshabitada,

Aqueles que son os chamados orfos do amor esquecido,

A manteiga cambea á cor máis moura de tódolos mouras,

E un criminal de armas blancas,

Vai cortando, lentamente e lenenmente,

A cordas amarradas a miña prisión vital.

Daquela liberdade,

Ancorada no tempo de tódolos tempos perdidos.

E agora, por sempre, hahito no mundo da miña compreta ceibitude.

Miguel Dubois.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s